CREBACABEZAS
O pensamento lóxico é clave para resolver estes desconcertantes enigmas. Creáronse para confundir, frustar e enganar, entón, terás que concentrarte e razoar ben para dar coas respostas. ( Que as darei na próxima publicación).
- O diñeiro da feria
O domingo pola mañá tres chicos visitan unha feria de atraccións . O taquilleiro cóbralles 10 euros por entrada, así que pagan 30 euros en total e entran. Ao poco tempo, o taquilleiro lémbrase de que os domingos a etrada é máis barata e que, por tanto, os chicos só teñen que pagar 25 euros. Entón, pide a súa axudante que os busque e que lles devolva os 5 euros. Pero a axudante non sabe como facer a divisón, de modo que se queda con 2 euros e reparte 1 a cada chico. Isto significa que os chicos pagaron 9 euros cada un polas entradas, 27 en total, e a axudante quedouse 2, o que suma 29. Onde está o euro que falta?
- Dous por turno
Un grupo de catro homes( composto por dous irmáns, o pai e o avó) camiñan cara a estación na oscuridade e chega un estreito e vello ponte que conduce a ela. Pola ponte só poden pasar dous persoas á vez e zó teñen unha lanterna os catro, de modo que , cando cruce unha parella, un dos seus membros deberá volver e levar a lanterna aos outros dos. Os catro homes non tardan o mesmo en cruzar a ponte.
* Un irmán tarda 1 min
*O outro irmán tarda 2 min
* O padre tarda 5 min.
* O avó tarda 10 min.
Cada parella pode cruzar a ponte tan rápido como o home máis lento, e o seguiente tren chega a estación en 17 minutos. Como poden conseguir chegar á estación a tempo?
- A porta correcta
A un preso bríndaselle a oportunidade de obter a súa liberdade. Na súa cela hai dúas portas, unha de cor azul e outra vermerlla. Tras unha hai un león famento e tras a outra, a saida da cárcere. Frente a cada porta hai un garda , un sempre di a verdade e outro sempre mente. O preso pode facer unha soa pregunta a un dos vixilantes. Que pregunta debe facer para obter a súa liberdade ?
No hay comentarios:
Publicar un comentario