miércoles, 17 de mayo de 2017

DÍA DAS LETRAS GALEGAS #2


Image result for revolucion virtualComo hoxe é o día das letras galegas 2017, onde se conmemora a Carlos Casares gustaríame facer unha entrada falando  dos avances da tecnoloxía pero referidos a este ámbito, é dicir, facelo sobre os avances tecnolóxicos no mundo da literatura. Entón, ahí vamos :

Avances tecnolóxicos no mundo da literatura:






A finais do pasado século, a irrupción no marco da sociedade humana de internet - un conxunto descentralizado de redes de comunicación interconectadas -, significou unha revolución en moitos aspectos. O labirinto da rede de redes converteuse nunha galaxia en expansión que invade a nosa vida cotiá; trátase dun acontecemento que marca con claridade unha fronteira histórica:a  era dixital.



Image result for revolucion virtualA revolución virtual

Aínda que a primeira rede interconectada remóntase a finais de 1969, cando se establece o enlace entre a UCLA e a Universidade de Stanford, non é ata 1990 cando comeza a estenderse a Rede Informática Mundial (World Wide Web), o que coñecemos por a web ou triplo w, un sistema de distribución de documentos interconectados de hipertexto e multimedia accesibles vía internet. Logo de vinte anos de propagarse, a web converteuse en algo indispensable para a maior parte da sociedade, tanto a nivel laboral como no campo das relacións persoais.

A revolución tecnolóxica é un movemento global que se transforma vertixinosamente e o ser humano non é totalmente consciente do que está sucedendo e das repercusiones que -a curto, mediano e longo prazo- terá na evolución da sociedade. Nun principio o fenómeno do correo electrónico e, posteriormente, a propagación das redes sociais a través da chamada web 2.0, cambiaron radicalmente noso xeito de comunicarnos. Este camiño tecnolóxico provoca cambios que nos obrigan a reformular moitas cousas.

Ante esta realidade virtual tan determinante, as transformacións estanse producindo a todos os niveis e ás veces de forma radical: as institucións educativas, o sistema económico, a vida política e o mundo cultural víronse impulsados a modificar as súas dinámicas de funcionamento; pola súa banda, unha cifra incalculable de individuos cambiaron o xeito de relacionarse coa súa contorna social. A vida diaria está inmersa nun marco virtual que cada vez ocupa máis o noso tempo.

As áreas do coñecemento e a creación tamén se viron afectadas e o novo escenario rompe moldes. As manifestacións artísticas están sufrindo o embate das novas tecnoloxías e ábrense posibilidades aínda por explorar.




Literatura e novas tecnoloxías

A literatura foi, entre as artes, unha das máis turbadas e seducidas polas novas tecnoloxías; foi precisamente un escritor visionario, Arthur C. Clark, quen, en 1970, nun artigo asinado por Wernher von Braun para a revista Popular Science, anunciaba o que estaba por chegar: ?Imaxina unha consola na túa oficina que combina, oprimindo un botón, os servizos dun teléfono, unha televisión por cable, unha fotocopiadora e unha pequena computadora electrónica conectada a un sistema sincronizado satelital; esta consola poderá poñer todo o coñecemento acumulado do mundo ao alcance das mans.?


Os novos tempos esixen unha reconsideración substancial da literatura porque os conceptos de libro, escritura e lectura están cambiando. A posta en escena doutros elementos creativos ?o hipertexto, a imaxe en movemento, a música ou o debuxo?, multiplica as posibilidades do discurso narrativo e a produción de obras novas. A industria editorial reorientase e o libro cede paso a soportes digitales que facilitan a autoedición.

Nestes tempos debemos adaptarnos a ler os libros nun dispositivo electrónico: é ganancia para a literatura e a lectura. Os libros digitalizados cambiaron o panorama da edición e difusión de textos: papel e tinta van desaparecendo. O libro digital genuino difiere en moitos aspectos do digitalizado: non ten antecedente físico e pon en xogo planos virtuales de textos, imaxes e sons ao servizo do feito narrativo. O uso da computadora para a creación literaria permite ao texto electrónico ser multilineal, multimedial e interactivo, aspectos que lle confiren a súa natureza virtual irreversible.


Image result for literatura y nuevas tecnologiasÉ indubidable que se están producindo novidades e cambios naquilo ao que estabamos afeitos, aínda que tales transformacións aínda non se procesan do todo ben e deberá pasar tempo para ter unha idea clara do que supoñen. Un factor importante é que os aparellos multifuncionales son relativamente asequibles e o seu uso facilítase por cuestións económicas de consumo. Con só intentalo, calquera pode gravar imaxes e son, escribir en varios formatos, debuxar, e un longo etcétera de posibilidades; por iso na rede hai de todo e moito é experimental ou improvisado. Un dato: en diversas universidades xa existen asignaturas de narrativa digital, revistas, páxinas web e premios que son o vivero dunha nova xeración de escritores.

Os escritores sempre foron reflexo do seu tempo, as súas obras aportan imaxes que interpretamos mentalmente, porque ler establece vínculos, significa dialogar e os libros foron interlocutores da evolución do pensamento humano. A ponte establecida entre escritor e lector adquirir novas dimensións grazas ao soporte digital. Este panorama, onde se abren outras formas de construír e difundir no mundo literario, é unha realidade incuestionable e invítanos a reflexionar desde posturas abertas sobre a chamada literatura digital.

No hay comentarios:

Publicar un comentario