Gustariame ademais apartarme un pouco da dinámica que leva este blog para facer honra a CARLOS CASARES ( xa que hoxe é o seu día ) e recordar algunhas das cousas que fixo:
DÍA DAS LETRAS GALEGAS
Carlos Casares
Todas as obras de Casares están moi traballadas tecnicamente, e escritas cunha linguaxe que pretende chegar ao meirande número de lectores.[4]
Publicacións periódicas
Colaborou en numerosas revistas e xornais, entre elas Grial, revista da que foi director dende 1989 a 2002, ano do seu falecemento. Casares publicou tamén en xornais coma La Región (dende 1968), El País e La Voz de Galicia. A este último estivo ligado toda a súa vida, chegando a publicar en diferentes seccións. Así, entre o ano 1975 e 1992 escribiu "Ledicia de ler", sección onde abordaba as novidades editoriais galegas, case con periodicidade semanal. Outra das súas publicacións foi "Á Marxe", especie de anecdotario que, con periodicidade irregular durante os primeiros anos, foi diaria dende xuño de 1992 até o mesmo día da seu finamento.
Narrativa
- Vento ferido (1967, Galaxia). Relatos breves sobre a violencia e o fatalismo.
- Ilustrísima (1980, Galaxia).
- ia).ol do verán (2002, Galaxia).
Ensaio
Como biógrafo e ensaísta legou varios traballos sobre a vida e obra de Manuel Curros Enríquez, Vicente Risco, Ramón Otero Pedrayo, Ánxel Fole, Francisca Herrera Garrido, Fermín Bouza-Brey, Ramón Piñeiro, Juan de la Coba e o Padre Sarmiento; así como unha achega á presenza de Ernest Hemingway en Galiza e de Galiza na obra do escritor norteamericano, Hemingway en Galicia (1999).
O humor, a sinxeleza e a claridade no tratamento dos temas que afectan ó mundo de hoxe constitúen as marcas máis características do seu estilo narrativo e ensaístico.Curros Enríquez (1980, Galaxia).
- Otero Pedrayo (1981, Galaxia).
- Vicente Risco (1981, Galaxia).
- E moitos máis....
Literatura infantil
- As laranxas máis laranxas de tódalas laranxas, obra teatral, ilustrada por Luís Seoane (1973, Galaxia).[37]
- O can Rin e o lobo Crispín (1983).[38]
- Este é Toribio (1991, Galaxia).
- Toribio contra o profesor Smith (1991, Galaxia).
- Toribio e o contador de contos (1991, Galaxia).
- Toribio ten unha idea (1992, Galaxia).
Traducións
Amais de levar obra propia ao castelán, Casares traduciu ao galego outras de varios autores, entre elas:[41]
- O principiño (1972) do francés Antoine de Saint-Exupéry
- Eu son un neno (1974) dos españois Miguel Ángel Pacheco e José Luis García Sánchez, Ed. Altea. Col. Os primeiros libros dos nenos.[42]
- Eu son un peixe (1974) dos españois Miguel Ángel Pacheco e José Luis García Sánchez, Ed. Altea. Col. Os primeiros libros dos nenos.
Obras colectivas
- Contos da xustiza (1991, Ir Indo).
- Os contos da campaña (2) (1992, Xunta de Galicia).
- O mundo desde aquí (1993, IGADI).
- Unha liña no ceo (58 narradores galegos 1979-1996) (1996, Edicións Xerais de Galicia).
- Galicia: nai e señora, canda Basilio Losada e Xavier R. Baixeras (2002, ed. trilingüe, Nigra).
- Narradio. 56 historias no ar, do programa Diario Cultural da RG, AAVV (2003, inclúe 4 cd,s., Xerais).
Premios
- 1º Premio do Concurso nacional de contos infantís O Facho no 1968, por A galiña azul.[36]
- Gañador do Concurso Nacional de Teatro Infantil O Facho en 1973, por As laranxas máis laranxas de todas as laranxas.[4]
- Premio Galaxia no 1975 por Xoguetes para un tempo perdido.[4]
- Premio da Crítica de narrativa galega da Asociación Española de Críticos Literarios 1975 por Xoguetes para un tempo perdido.[4]
- Gañador do I Premio Ramón Otero Pedrayo no 1980, por Otero Pedrayo.
- Premio Antón Losada Diéguez 1987 de creación literaria por Os mortos de aquel verán.
- V Premio Ánxel Fole, no ano 1991, por Ramón Piñeiro. Unha vida por Galicia.
Recoñecementos
Cinco centros educativos públicos levan o seu nome, repartidos polas provincias de Pontevedra e Ourense:
- IES Carlos Casares de Viana do Bolo [43]
- CEIP Carlos Casares de Xinzo de Limia [44]
- IES Carlos Casares de Vigo [45]
- CEIP Carlos Casares das Tomadas, A Ramallosa, Nigrán [46]
- CEP Carlos Casares de Grixó, Alxén, Salvaterra de Miño [47]
Así mesmo, un autocar do Castromil e varios xardíns, parques, rúas e prazas de Galiza levan o nome do escritor:[48]
- Os Xardíns de Carlos Casares en Porqueira.
- A Praza Carlos Casares de Xinzo de Limia.
- A Praza Carlos Casares no barrio de Esteiro, Ferrol.
- A Praza Carlos Casares de Santiago de Compostela.
- A Praza de Carlos Casares de Nigrán.
- As rúas Carlos Casares en Ribadavia, Carballo, Ribeira, Lalín, Cangas, Narón e Monforte de Lemos.
- O Parque Carlos Casares do barrio de Monte Alto da Coruña.[49]
En xullo de 2016 foi escollido pola Real Academia Galega para ser a figura homenaxeada no Día das Letras Galegas do ano 2017. Os outros candidatos foron Ricardo Carballo Calero (Ferrol, 1910 – Santiago de Compostela, 1990), Plácido Ramón Castro del Río (Corcubión, 1902 - Cambados, 1967) e Antonio Fernández Morales (Astorga, 1817 - Cacabelos, 1896)
No hay comentarios:
Publicar un comentario