miércoles, 17 de mayo de 2017

Os adolescentes e as redes

Usuarios extremos: un 22 % dos adolescentes que pasa máis de seis horas diarias na rede


-Segundo un estudo, 7 de cada 10 adolescentes españois declaran que se senten "realmente mal" si non teñen conexión a internet. 

-Os mozos españois pasan conectados a internet unha media de 167 minutos diarios entre semana e 215 os fins de semana. 

-Estes excesos relaciónanse con trastornos do soño, tendencia á obesidad, ademais de minar a motivación e a concentración dos alumnos.

Os adolescentes experimentan unha sensación de recompensa inmediata ao dar ao "gústame" nas redes sociais que non debería confundirse coa felicidade, segundo o doutor en Filosofía e profesor dos Estudos de Artes e Humanidades da UOC Enric Puig Punyet. 

Image result for adolescentes y movilesPuig, autor do libro A gran adicción. Como sobrevivir sen internet e non illarse do mundo? (Editorial Arpa), considera que "a sensación de felicidade que pode conllevar a hiperconexión é un espejismo, e construír a identidade a partir da resposta en redes provoca un círculo vicioso de dependencia que pode chegar a supoñer cadros de ansiedade e depresión". 

Segundo un estudo da OCDE, os mozos españois pasan conectados a internet unha media de 167 minutos diarios entre semana e 215 os fins de semana, cifras ligeramente superiores á media da OCDE. 

O estudo destaca o grupo ao que chama "usuarios extremos", que está formado por un 22% dos adolescentes que afirma que pasa máis de seis horas diarias na rede. 

O doutor en Filosofía considera "excesivo" que un adolescente pase seis horas diarias conectado e pon o foco na industria ao considerar que "a gran maioría de aplicacións de internet que usamos na actualidade están moi pensadas para crearnos dependencia"

Segundo o estudo, 7 de cada 10 adolescentes españois declaran que se senten "realmente mal" si non teñen conexión a internet e 9 de cada 10 admiten que o pasan ben utilizando dispositivos digitales.


 O informe, que analiza máis de medio millón de adolescentes de 15 anos de 72 países, revela que o 91% dos estudantes ten un teléfono móbil conectado a internet en casa e que o 61% iniciouse na rede antes de cumprir os 10 anos. 

A socióloga e profesora dos Estudos de Artes e Humanidades da UOC Natalia Cantón-Milán asegura que "a sensación de sentirse conectado con outros non só gusta aos máis novos, senón a todo o mundo"


.Os expertos subliñan a responsabilidade dos pais e a escola á hora de ensinar a desconectar Cantón-Milán tamén sinala que os mozos sofren a ausencia de internet porque "é unha das formas principais de estar conectado cos amigos e, nunha cultura da inmediatez, non saber que se di ou onde se queda pode significar quedar excluído".

Image result for adolescentes y moviles
 A socióloga puntualiza que a desconexión ten un significado diferente para os adultos e para os máis novos. "Desconectámosnos/Desconectámonos de cousas diferentes -explica Cantón-Milán. Para moitos adultos, desconectar significa 'vacacións'. É máis fácil facelo. Para moitos adultos, desconectar é un luxo. Para os adolescentes, é unha tortura".

 O estudo sinala que, aínda que estar conectado "pode aumentar o benestar porque prové entretenimiento e elimina os obstáculos para a socialización, tamén conlleva algúns perigos". Por exemplo, continúa o estudo, un uso excesivo da rede pode estar relacionado con facer menos exercicio físico, sufrir trastornos do soño e ter tendencia á obesidad, ademais de minar a motivación e a concentración dos alumnos e provocarlles illamento. O autor da gran adicción tamén afirma que as redes sociais e a súa ideoloxía de fondo promueven unha perda da calidade nas interaccións humanas en beneficio da cantidade. 


Ambos expertos subliñan a responsabilidade dos pais e da escola á hora de ensinar aos menores a desconectar e a empregar de xeito equilibrado as ferramentas dixitales.

No hay comentarios:

Publicar un comentario