A MAXIA DAS MATEMÁTICAS
As matemáticas soen consistir en averiguar patrons e relacións entre números. Fai estes impresionantes trucos matemáticos a túa familia e amigos e verás que as matemáticas son máis divertidas do que crees.
- A resposta é 9
Este é un xogo fácil para comezar, pois as matemtácas farán todo o traballo por ti. Pide ao teu amigo que siga exactamente os pasos do truco e a resposta sempre será 9.
PASO 1: Antes de empezar, escribe o número 9 nun papeliño, dóblao e dallo ao teu amigo, pero pídelle que non o abra.
PASO 2: Dalle unha calculadora e dille que faga o seguinte:
- Introducir a súa idade.
- Sumar o número da súa casa.
- Sumar os catro últimos díxitos do seu número de teléfono
- Sumar o número de mascotas que ten.
- Sumar o número de irmáns e irmás que ten.
- Multiplicalo po 18.
- Sumar os número da resposta. Se a resposta ten máis dunha cifra, pídelle que sume os números que a compoñen, e que siga sumándoos ata que só quede unha cifra.
-Supersumador
Se te sae ben este truco, os teus amigos crerán que eres o sumador máis rápido do mundo.Pero, de feito, o único que fararás é multiplicar por 11.
PASO 1: dalle ao teu amigo o lapis, papel e calculadora, e pídelle o seguinte :
-Escribir dous números entre o 1 e o 19, un por debaixo do outro.
-Sumar ambos números e escribir o resultado baixo os mesmos.
-Sumar o segundo e o terceiro, escribir o cuarto debaixo.
-Facer unha quinta suma co terceiro e o cuarto,e escribir o resultado debaixo.
-Seguir faendo o mesmo ata crear unha columna de 10 números.
PASO 2: Pídelle que te mostre a columna. Dille que podes sumar os números máis rápido con lapiz e papel que el coa calculadora.
PASO 3: Cando o teu amigo acepte o desafío, non sumes os números. En vez diso, multiplica o sétimo número por 11. Así obterás a suma total dos 10 número máis rápido que o teu amigo coa calculadora.
No hay comentarios:
Publicar un comentario