domingo, 14 de mayo de 2017

Novo altavoz


                   Deseñan un altofalante tan delgado como unha lámina de papel

                                          Image result for altavoz delgado como un papel
Científicos da universidade estadounidense de Michigan (MSU, en inglés) deseñaron un altofalante tan delgado como unha lámina flexible de papel que pode actuar así mesmo como micrófono, segundo un traballo que publica este martes a revista Nature Communications.
 O dispositivo, coñecido como nanoxenerador de ferroelectreto (FENG), é capaz ademais de xerar enerxía a partir do movemento, e podería incorporarse no futuro a diversas solucións tecnolóxicas.
 Os seus creadores propoñen aplicacións comerciais como altofalantes plegables, "parches de seguridade" activados por voz para ordenadores e ata "periódicos parlantes". 
"Todas as tecnoloxías empezan cun gran descubrimento, e isto representa un enorme achado para este tipo de tecnoloxías en particular", sinala nun comunicado da súa universidade Nelson Sepúlveda, profesor asociado de Ingeniería Eléctrica e Informática da MSU. 
Sepúlveda destaca que o dispositivo é "ultrafino, flexible, escalable e bidireccional, o que significa que pode converter enerxía mecánica en enerxía eléctrica, e enerxía eléctrica en enerxía mecánica". 
"Poderiamos utilizalo no futuro para reemplazar os altofalantes tradicionais, que son enormes e pesados, e necesitan moita enerxía, e reemplazarlos por este pequeno e flexible dispositivo", afirmou o investigador.

No hay comentarios:

Publicar un comentario