sábado, 15 de abril de 2017

Como pensas?


Os sentidos reciben información constantemente sobre o entorno. Moita é relevante, polo que o cerebro fíltra e selecionaa, e só conserva os datos que esixen a nosa atención. A información que reunimos deste modo almacénase na memoria e é a base do pensamento consciente.
Image result for atencion
ATENCIÓN

Os datos que recollen os sentidos pasan á memoria sensorial, Os visuais permanecen nela menos dun segundo e logo bórranse se non se lles presta atención. A atención é o primeiro paso esencial para que a mente procese a información que lle chega a través dos sentidos. Se estás pensando noutra cousa e non prestas atención, a información desaparece da túa cabeza.


FILTRAR E CONCENTRARSE

Ao prestar atención, o cerebro filtra a información irrelevante e se centra en datos importantes. Este proceso é incosciente. Por exemplo, un leve movemento nun estanque chama a túa atención e no acto céntraste no animal que surca as augas.


UNIR OS PUNTOS 

Con frecuencia só ves unha parte da imaxe e debes completar o que falta con datos da túa memoria. Para isto basta cunhas cuantas pistas, pois o cerebro está programado para interpretar a información incompleta que podería ser vital para a seguridade.
No mesmo caso que o anterior, a cabeza do animal resulta familiar e mentalmente completas o resto do corpo ( como pode ser o dunha serpe que podería ser perigosa). Isto sucede co primeiro vistazo-


ETIQUETAS 
Image result for etiquetas en personas
Cando o cerebro capta a información sensorial crucial, clasifícaa por instinto como un tipo concreto de experiencia o problema. Iso axuda a idear unha resposta automática sen perderse nos detalles.
Así, cando te decatas de que estás vendo unha serpe non repasaas unha lista mental para cercioralo. Limítaste a clasificala e dar un paso atrás, pois sabes que algunhas especies son velenosas.


ESTEREOTIPOS


Image result for estereotipos
As etiquetas conducen a crear modelos mentais de toda clase de cousas , desde animais ata xente e grupos sociais. Estes modelos chámanse estereotipos. A xente que teme as serpes porque pensan que son velenosas, pero esta é unha inofensiva, o que demostra  é que os estereotipos solen ser erróneos. O hábito de crear esteriotipos pode ser destrutivo e levar a problemas sociais como prexuízos raciais.

No hay comentarios:

Publicar un comentario