Sentidos sensibles
A diferenza dos demais sentidos, o olfacto e o gusto funcionan a través da detección de substancias químicas. O noso sentido do olfacto permítenos distinguir ata 10 mil olores, e hai xente cun sentido especial agudo do olfacto ou do gusto. Fai as seguintes actividades e descubre máis cousas sobre os teus sentidos do olfacto e do gusto.
Nariz tapada
Afecta ao teu sentido do gusto ter a nariz tapada? Fai o seguinte e descubreo.
Necesitarás:
-Un vaso de auga.
- 2 persoas.
Paso 1 : Pide a unha das persoas que probe a comida. Debe enxaugarse a boca con auga entre degustación e desgustación. A nota as súas reaccións.
Paso 2: Repite o Paso 1 co outro voluntario, pero esta vez pidelle que se tape o nariz. Quen demostrou mellor sentido do gusto?
NOTA: Cando non podes oler o que comes, é máis difícil recoñecer os sabores. Entón, se tes o nariz tapado por un resfriado, por exemplo, a comida parece insípida.
Olfacto
Fai esta proba e descubre se tes un bo sentido do olfacto.
Necesitarás:
- Un pano para tapar os ollos.
- 6 platos e 3 cousas que desprendan un forte olor ( un plátano, gras de café, flores, xabón..)
- Un amigo
Paso 1: Reparte cada unha das cousas escollidas en dous platos e desordena os 6 platos.
Paso 2: Tapa os ollos do teu amigo e pídelle que identifique dous obxectos que cheiren igual. Ten un bo sentido do olfacto?, Acertopu que era?
NOTA: O noso sentido do olfacto e moito máis sensible que o do gusto. Alértanos do peligro, xa que pode detectar olores tóxicos, e incluso infórmanos de se a comida está madura ou en mal estado.
No hay comentarios:
Publicar un comentario