domingo, 2 de abril de 2017

Sabias que ... #2 : Existen distintas formas de pensar?

                                            LÓXICA


Todo o mundo pensa, pero uns dunha maneira menos disciplinada que outros e din cousas sen sentido. Por exemplo, hai quen di que odia aos animais e logo engade que lle encanta o gato do seu veciño. Ambas frases son contradictorias, entón un non sabe a que aterse. Da xente que fala así dise que carece de lóxica, que non pode analizar o que di e ver as súas coherencias. A lóxica consiste en pensar con claridade

Emprega a cabeza; a lóxica básase en razoamentos sólidos para chegar a conclusións correctas a partir de feitos coñecidos. Se non hai erros no razoamento, as conclusións (xeralmente) son correctas.
Por iso, comprobar o razoamento é crucial. Pero de nada serve un razoamento perfecto se os feitos básicos son erróneos; tamén hai que comprobalos.

Razoamento fallido



Se dis que todos os peixes viven na auga e que todos as quenllas son peixes, podes afirmar que todos as quenllas viven na auga. Pero se dis que os pingüínos poden nadar e, como son aves, entón todas as aves poden nadar e iso é erróneo, pois a segunda afirmación non é unha consecuencia lóxica da primeira.




Lóxica e Filosofía

A disciplina intelectual da filosofía, cultivada en primeiro lugar polos antigos gregos, básase na lóxica, pois serve de argumentos razoados. Para moita xente trátase dun mero xogo intelectual, pois atopa as súas respostas no sentido común. Pero este sentido pode confundirnos si se basa en ideas falsas. O argumento lóxico e riguroso, alentado polo estudo da filosofía, ten un verdadeiro valor práctico 


Dous tipos de lóxica 

Image result for hillary clinton-LÓXICA PERSUASIVA: Moita xente emplea a lóxica para convencer a outros. Se algún di algo có que non estás de acordo, pero o respalda con un argumento lóxico, comezarás a crelo. Pero sen un argumento lóxico que o respalde, non te convencerás. Isto converte a lóxica nalgo moi importante para os avogados e políticos, como por exemplo, Hillary Clinton.






Image result for logica informatica
-LÓXICA INFORMÁTICA: A lóxica é vital na informática. Os ordenadores contrólanse mediante interminables ringleiras de instruccións chamadas programas, que converten as súas ideas nun código que o ordenador le. Si as súas instruccións non son lóxicas, o programa non funcionará.

No hay comentarios:

Publicar un comentario