TOCA E ADIVINA
O teu corpo está cuberto de receptores táctiles, sensibles a varios tipos de sensacións, como presión, dor e temperatura. Explora o teu sentido do tacto nas seguintes actividades.
Ver coas mans
Tes un bo sentido do tacto?
Necesitarás:
- Obxectos de varios tamaños( taza, culler, pelota, mazá, esponxa, pedra...)
- Calcetíns ou guantes de goma
- Un amigo.
Paso 1: Pon uns cantos obxectos na caixa ou na funda. Pidelle ao teu amigo que coloque as mans no interior e que identifique as cousas só polo seu tacto.
Paso 2: Pidelle ao teu amigo que se poña os calcetíns ou os guantes e toque os obxectos. Identificou os mesmos ?
NOTA: ao cubrirse as mans, é máis difícil saber o que tocas. Isto se debe a que reduces a cantidade de información táctil que se envía ao cerebro.
Tacto sensible
Esta actividade amosa que unhas partes do corpo son máis sensibles que outras.
Necesitarás:
-un clip.
Paso 1: Estira o clip e dóblao para que as puntas queden separadas por 1 cm.
Paso2: Pecha os ollos. Logo pasa o clip dende a punta do dedo índice, ao largo da palma da mano, ata o antebrazo. Sentiches as dúas puntas do clip no antebrazo?
NOTA: o antebrazo non é tan sensible coma os teus dedos, así que parece que as puntas do clip están xuntas, oupode que só sintas unha.
No hay comentarios:
Publicar un comentario