UN PENSADOR ORIXINAL
O astrónomo Galileo Galilei viviu nunha época na que moita xente tiña ideas raras sobre como funcionaba o Universo. A súa xenialidade foi anarlizalo todo baixo unha nova luz e formular teorías basadas en experimentos e observacións. Así naceu a ciencia moderna.
CIENTÍFICOS LOCOS
DETERMINACIÓN
Nacida en Polonia en 1867, Marie Curie decidiu ser científica, aínda que tal ocupación non era propia dunha muller no século XIX. Loitou contra a pobreza e os prexuízos, e gañou dous premios Nobel por ser pionera sobre a radioactividade.
NENO PRODIXIO
Hai que nace sendo un xenio. Gari Kaspárov gañou o campeonato xuvenil de axedrez da URSS en 1976, con 13 anos, e en 1985 converteuse no campeón do mundo máis xove da historia. Tiña un talento natural, pero tamén traballaba duro para sacarlle o maior partido.
UNHA VISIÓN AMPLA
Algúns xenios fan unha unha cousa moi ben, pero outros destacan en moitos campos. Thomas Jefferson, o principal autor da Declaración de Independencia de EE UU, de 1776, foi filósofo, arqueólogo, arquitecto e inventor, ademais de un político que chegou a ser presidente de EE UU.
No hay comentarios:
Publicar un comentario